domingo, 2 de febrero de 2014

Inverno frío, pixama quentiño


A miña pequerrecha destápase sempre pola noite. As opcións de sobrepixama que me ofrecía o mercado non me convencían así que decidín facerlle eu mesma algo que cubrise as miñas exixencias.


Na parte de arriba seguín o patrón Ranglan de naii. O tutorial é moi gráfico e fácil de comprender. Queda bastante axustadiña e a talla vaille perfecta coa idade así que para pixama mellor algo máis cumpridiño e ante as dúbidas...a máis grande que se estea a barallar.  



Na parte de abaixo sigo o patrón de pixama para dous do blogue la inglesita. Un CC que organizou hai tempo, pero que continúa colgado na rede. As explicacións son moi precisas e tamén moi fáciles de seguir. Eu non modifiquei o patrón e con unha soa capa é grande de máis para nós, pero ao ser dobre tea queda perfecto. A unión das dúas capas de pantalón é moi sinxela, pero paras as miedicas principiantes coma mín está xenial o tutorial de Dana Made It.

Para as teas adoito elexir tela de sudadera que compro na Pantigana Shop. É moi suaviña e ten algodón así que a uso para as partes que están en contacto coa pel: a camiseta e o forro interior do pantalón. O puño tamén o merco na Pantigana. Os que eu teño son moi manexables para coser e lixeiriños para vestir. 




Desta volta atrevínme a facer un aplique coas miñas rudimentarias ferramentas. Simplemente cortei un anaco da tela do pantalón, entreteei e cosín coa punta única da miña máquina -non teño moitas esperanzas de que resista ben os lavados-. O resto; remalladora.

martes, 28 de enero de 2014

Centro de café para recibirte

Ás veces as hormonas e os olores fan moi malas migas...

Gústame moito o olor a café...

Así que durante unha tempada terei este centro para recibirme na casa.


Só grans de café, e unha vela abrazada por un aro de canela...

Da a estancia un olor agradable e suave, sen precisar sustancias aritificiais.

sábado, 25 de enero de 2014

Retomando

Despois de moita tormenta e pouca calma. Con vellos obxectivos logrados e novos ilusionados....



...agardando que esta bitácora me axude a chegar con eles a bo porto.

sábado, 13 de octubre de 2012

Popover Sundress para un verano genial


Pues sí, pese a todas las calamidades en este nido el verano de 2012 ha conseguido ser genial. Y no lo sospeché... Cuándo terminé nuestro vestidito Lencero del CCM de Érase pensé que pocas oportunidades de probarlo tendríamos dado lo mal que se plantaba la climatología en Junio.


Por suerte meses antes nos habíamos hecho con unos billetes para un paraíso. Así que me decidí a darle un empujón a los proyectos de vestido veraniegos para mi peque.


Éste es uno de los CCM de la Inglesita, un verdadero placer llevarlos a cabo porque viene explicado hasta el más mínimo detalle. Adaptar el patrón fue realmente fácil.



Las telas, selección de mi nena. Ambas, tanto este vestido como el vestidito lencero fueron compradas en el outlet de Nanos, del que hablé en esta entradaEran telas de temporada, ningún chollo: 14€/m.

En concreto éste es un piqué, me gustó mucho la caída tiesa que le da al vestido. El canesú y tiras, simple algodón rojo.


El vestido llegó a punto para estrenarlo el primer día en nuestro paraíso....
¿qué dónde era? 
A ver si adivináis....
Platja de Cavallería

Cova d'en Xoroi





Por suerte cuándo volvimos, aquí en Artabría aún tuvimos un buen pedazo de verano con temperaturas agradables que nos dejaron seguir sacando partido a nuestros vestiditos.
Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...